A Casa da Cultura acolle este mércores día 8 ás 20:30 horas unha charla coloquio a cargo de Anxo Angueira sobre Rosalía de Castro. Unha actividade enmarcada dentro do programa que Normalización Lingüística vai desenvolver neste mes co gallo das Letras Galegas.
O profesor da Universidade de Vigo, Anxo Angueira será o encargado de iniciar a programación que durante este mes de maio organiza o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela co gallo da celebración do Mes das Letras. Será este mércores na Casa da Cultura onde Angueira ofrecerá unha charla coloquio en torno á figura de Rosalía de Castro e a súa obra no 150 aniversario de “Cantares Gallegos”. Unha actividade de balde que arrancará ás 20:30 horas. Na vindeira semana a cita será coa música. O convento de Vilavella acolle o xoves día 16 un concerto de música galega a cargo da orquestra e coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Unha actividade con entrada libre ás 21:00 horas. Xa o venres día 17 na Alameda de Redondela terá lugar ás 17:45 o tradicional acto institucional no día Das Letras