Axentes da Policía autonómica incautaron na madrugada de hoxe 78 kilos de marisco e inmobilizaron un vehículo nunha actuación realizada na praia de Cesantes logo de recibir o aviso do patrón maior, Clemente Bastos, quen alertaba da acción dos furtivos. O marisco foi devolto ao mar polo axentes.
Erradicar o furtivismo segue a ser unha das prioridades das confrarías e malia que en Redondela non supón un problema de tanta relevancia como noutras localidades, as veces tamén se producen feitos como o desta madrugada, cando se incautaron aos furtivos un total de 78 kilos de ameixa, un marisco que foi devolto ao mar ás doce do mediodía. Foi o propio patrón maior, Clemente Bastos, quen alertou á policía logo de observar a acción dos furtivos na zona da praia próxima ao hostal Antolín. Ata o lugar achegáronse axentes da Policía Local, Nacional e Policía Autonómica que identificaron aos furtivos, decomisaron un vehículo e incautaron o marisco. Bastos lembra que ademais do control que se fai na costa, con patrullas de vixilancia organizadas polas propias confrarías ou por parte da Policía e o Servizo de gasdacostas, sería necesario un maior control no mercado, para evitar que estes produtos, que non contan cos requisitos sanitarios necesarios acaben nas cociñas dos restaurantes.