A actividade terá lugar no comercio Mandamamá este xoves día 9 ás 18:30 horas, Unha actividade aberta aos cativos e aos seus pais e nais na que a escritora presentará os seus contos-cancións recollido no seu último libro – disco, titulado En Cabárceno se oye cantar editado por Montañas de papel ediciones.
Nacida en Santander, Susa Herrero é Profesora titular de Expresión Musical da Facultade de Cencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo. Autora de máis de 9 contos para nenos, ten demostrado que os contos tamén se cantan e se poden bailar. Nos seus libros, cada personaxe leva aparellado un retrouso pegadizo e varias propostas de baile convintemente estructuradas. De feito nalgún de seus libros engadiuse unha guía didáctica que pode traballarse nas aulas.