As persoas interesadas en participar no campamento de verán que organiza a Concellería de Xuventude e que se vai levar a cabo nos meses de xullo e agosto na Illa de San Simón teñen de prazo ata o vindeiro 15 de maio. A actividade está orientada a rapaces de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos.
O prezo da matrícula inclúe aloxamento, actividades e manutención durante a semana que dura o campamento e ascende a 140 euros. Os participantes realizarán actividades educativas, lúdicas e deportivas, coordinadas todas elas pola empresa especialista na xestión deportiva Koremi e poderán inscribirse nunha das catro quendas que se ofertan: do 15 ao 20 de xullo ou en agosto do 12 ao 17, do 19 ao 24 ou do 26 ao 31.
A folla de inscrición para participar do campamento pódese recoller no Rexistro do Concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e deberá entregarse antes do día 15 nas dependencias municipais.