Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Percorrido polo Val do Maceiras dentro do curso de interpretación do territorio de Ventosela

RR_Noticias

O Centro Social A Miñoteira continúa co curso “Persoas e territorio. Ferramentas para o coñecemento do medio” que imparte a cooperativa Trespés cunha sesión este domingo 12 de maio ao Val do Maceiras. Nunha andaina de 3 horas, analizarase a formación xeomorfolóxica do val, o seu poboamento e as vías de comunicación que o traspasan. A cita é ás 10:00 horas no campo de fútbol de Reboreda.

O Centro Social a Miñoteira abre a posibilidade aos veciños de incorporárense ás saídas do curso sen a obrigatoriedade de asistir á totalidade do mesmo. As persoas que estean interesadas nesta posibilidade poden chamar ao teléfono 634 817 422.
En sesións posteriores os participantes do curso visitarán a Mámoa do Rei en Monte Penide co obxectivo de interpretar a paixase prehistórica, coñecerán o territorio vilego en Redondela ou a vida no mar na praia de Cesantes. Están previstas tamén saídas ao Río Barragán, aos restos industrial en Rande e ás salinas de Ulló en Vilaboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará