Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un choco de “interese turístico” supera as previsións

RR_Noticias

Milleiros de persoas déronse cita na xornada de onte en Redondela para gozar do Choco nunha festa na que se esgotaron as racións que as casetas de degustación servían na carpa instalada para tal fin no Campo da Feira. Unha celebración gastronómica acompañada polo bo tempo e naque se despacharon 3.000 kilos do cefalópodo.

Dúas xornadas de moito traballo, segundo nos explicaban dende a Tapería A Cova, que se ve recompensado en días como o vivido onte domingo cando son centos de persoas as que se achegan a degustar un produto que ven certificado dende a propia confraría para asegurar que todo o que se ofrece nesas casetas de degustación é capturado na enseada de San Simón. Calidade asegurada que atraía a moitos visitantes que non dubidaban en degustar unha ración de empanada, ou un prato de chocos na súa tinta ou chocos con arroz… unha cita gastronómica que non parece acusar a crise. Pero había tamén stands máis innovadores. Como adoita facer ano tras ano, o cathering Arelas optaba por unha carta degustación con pratos sorprendente con pizzas de choco, burritos e tortitas. E xa dende primeira hora os comensais procedentes de diferentes puntos da provincia sentaban nas mesas corridas instaladas baixo a carpa a degustar estes pratos A organización amosaba a súa satisfacción nun ano especial no que a Festa ven de ser declarada pola Xunta, Festa de Interese turístico, un recoñecemento aos XXVII anos de historia deste evento que é un referente no calendario de citas gastronómicas de toda a comunidade. A festa contou co pregón de Xosé Antonio Touriñán, presentador do programa da TCG, Tourilandia. Durante o mediodía ademais dos representantes do goberno local deixáronse ver pola carpa o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.  

Comisión de festas
Severino Casal e Jaime Villaverde falan da edición deste ano
Tapería a Cova
Moito traballo compensado polo éxito de ventas
Arelas Cathering
Un stand moi innovador

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará