Os propietarios da empresa que se atopa na Subida á Estación, estiman que o individuo que entrou na súa sede de madrugada teríase feito con preto de 300 euros, cantidade que había no interior da caixa de caudais subtraída, así como un bote de suavizante, segundo información da Policía Local.
Os axentes sospeitan dun vello coñecido da policía e que xa ten cometido numerosos asaltos a vivendas e comercios de Redondela. Con todo as investigacións continúan e na mañá de hoxe recolleron diferentes testemuñas que terían visto ao individuo que entrou na empresa por unha fiestra. Os feitos producíronse de madrugada e ata o lugar desprazáronse os axentes da policía local que continúan coas pescudas para tentar das co delincuente.