Teatro Corsario presenta “La maldición de Poe”, un espectáculo de títeres para adultos que se poderá ver no Multiusos da Xunqueira o xoves ás 21:00 horas. Unha sorprendente montaxe de monicreques de terror baseado nos contos de Edgar Allan Poe. Hoxe mércores o chileno David Zuazola abre a programación de sala co obra “Ala sucia”.
A compañía vallisoletana achega a Redondela un espectáculo abalado polo Premio do Xurado e Premio dos Espectadores no Festival de Títeres de Lleida 2010 así como o Premio Nube no Festival de Pula (Croacia). Baseado nos contos de terror e misterio de Edgar Allan Poe, a montaxe está orientada a un público maior de 14 anos que poderán gozar de diferentes escenas extraídas dos contos do escritor norteamericano como “El gato negro”, “Los crímenes de la calle Morgue” ou o poema Annabel Lee. Dirixido por Jesús Peña, o protagonista é Edgar un adolescente a quen lle vai acontecendo o narrado nalgúns dos contos máis populares de Poe. As marionetas de tamaño xigante e as técnicas variadas empregadas ao longo da representación así como a súa temática tan particular fan deste espectáculo unha das propostas máis sorprendentes do 14 Festival Internacional de Títeres.