Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro radiofónico na Radio Municipal para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño

RR_Noticias

A Radio Municipal de Redondela emitirá o vindeiro luns día 20 a partir das 11:30 horas un fragmento da obra “Cochos” de Roberto Vidal bolaño. Trátase dunha gravación elaborada polo alumnado da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia e coordinado polo Departamento de Dinamización Lingüística da propia ESAD.

A peza dramática “Cochos”, que se poderá escoitar no 94.4 e 94.9 o vindeiro luns día 20 a partir das 11:30 horas foi dirixida por Tero Rodríguez, licenciada en Dirección pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia con Xosé Otero no control técnico, Nuria Gullón na dirección de elocución e Germán Gundín na edición. Jorge Gallardo é o encargado de poñer voz a Sebastián Rilo e participan 16 alumnos máis da ESAD no resto dos personaxes que aparecen. ARGUMENTO Sebastián Rinlo é un emigrante galego en Alemaña, onde vive nun barracón con moitos outros emigrantes de diferentes culturas e países. Levado pola morriña, decide trasladar a ese espazo adverso un cachiño do seu xeito de vida na Galiza e criar en Frankfurt unha porca. Enteradas as autoridades, obrígano a entregar o animal, pero Sebas négase e acaba por encerrarse no barracón coa porca. O conflito toma dimensións internacionais, coa intervención do consulado, forzas da orde, medios de comunicación de todo o mundo… Tras días de asedio e resistencia, Sebas morre. Roberto Vidal Bolaño cóntanos esta historia tecendo unha marabillosa trama de pequenas escenas con estratéxicos saltos temporais e espaciais, deixando que pouco a pouco o espectador vaia construíndo a historia completa.  

Cochos
Teatro radiofónico a cargo da ESAD

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará