A Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro” de Roberto Pascual, dramaturgo, crítico e profesor ademais de director da mostra de Teatro de Ribadavia. O acto, organizado por Normalización Lingüística, terá lugar o luns 20 ás 20:30 horas.
As homenaxes a Roberto Vidal Bolaño no ano no que se lle ven de dedicar o Día das Letras Galegas continúan tamén en Redondela, neste caso cunha charla esta mesma tarde na Casa da Cultura a cargo de Roberto Pascual quen presentará o seu libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro”.. Unha actividade que organiza o servizo de Normalización e que está enmarcada dentro do programa das letras galegas que concluirá o vindeiro 9 de xuño coa presentación teatral de Bailadelas de Teatro Antroido. A cita será no Multiusos ás 21:00 horas e o prezo da entrada 3 euros.