Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación dos afectados polas preferentes en Redondela

RR_Noticias

A plataforma de Redondela convoca este martes 21, coincidindo coa celebración da feira, unha manifestación que partirá ás 10:30 horas dende o mercado municipal na rúa Ernestina Otero. Os participantes percorrerán o Paseo da Xunqueira, a rúa José Regojo, a praza de Ribadavia e rúa Alfonso XII para rematar fronte a casa do concello, lugar no que lerán un manifesto.

O obxectivo destes actos é reivindicar “unha solución á estafa xeralizada como foi a venta de subordinadas e preferentes” así como manifestar o seu rexeitamento ás quitas e demandar una solución íntegra para todos os afectados.
A esta manifestación están invitadas as demais plataformas das comarcas próximas, algunhas das cales xa confirmaron a súa asistencia.
Están convidados a participar os representantes políticos das corporacións dos catro concellos que forman a plataforma: Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos. Por este motivo, convocan a todos os afectados da comarca a asistir a esta manifestación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará