A terapeuta craneosacral Andrea Costas, imparte ás 20:00 horas na biblioteca de Chapela no Multiusos do Piñeiral unha charla sobre Mindfulness, técnica que engloba diferentes estratexias para reducción do estrés. En Redondela a cita é no Local O Recuncho cunha charla sobre Alimentación saudable ás 20:30 horas.
Dúas actividades diversas mais ambas as dúas relacionadas coa saúde. A primeira será ás oito da tarde en Chapela onde a teapeuta Andrea Costas imparte unha charla sobre Mindfulness unha técnica desenvolvida pro médicos e científicos americanos nos anos 80 aínda que a súa orixe se remonta ao budismo. O obxectivo da mesma é ofrecer ferramenta para chegar a desenvolver a parte máis positiva do noso cerebro para afrontar así a ansiedade, a tensión, a dor e a enfermidade Unha actividade orientada ao público en xeral e particularmente a aquelas persoas que padezan algunha doenza de tipo psicosomática ou enfermidade tales como asma, fibromialxia, ansiedade, etc.. Alimentación saudable Por outra banda, ás 20:30 horas no local social O Recuncho terá lugar unha charla sobre alimentación saudable a cargo da especialista en dietética e nutrición, Rosana Alonso.