O musical a cargo dos grupos de teatro de Chapela e Ventosela baixo a dirección de Chusa Couñago, representarase o domingo 26 de maio ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela. Unha actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.
O Musical está preparado e escenificado polos membros dos Grupos de dinamización teatral das parroquias de Chapela e Ventosela baixo a dirección de Chusa Couñago e conta a historia de Dorita, unha nena que vive no campo coa súa tía e o seu tío, que por mor dunha tormenta chega ao mundo máxico de Oz, onde topará ademais duns compañeiros de viaxes, personaxes estraños e perigos. Deberá atopar ao Mago de Oz para poder volver coa súa familia.
Na obra actúa actores e actrices afeccionados que durante todo o ano participan das clases de teatro que se desenvolven nos centros culturais das parroquias.
A obra presentarase no Multiusos de Chapela o vindeiro domingo 26 de maio, ás 19.00 horas, con entrada de balde ata completar aforamento.