Cada fin de semana son 600 as persoas que están a gozar da Illa de San Simón con visitas gratuítas os venres, sábados e domingos. Unha actividade que se retomou neste mes de maio e da que se poderá beneficiar todo o que o desexe, previa inscrición na Caseta de Turismo ou na páxina web do Concello, tamén no mes de xuño.
Os que queiran visitar a Illa poden elixir entre saír dende Chapela ou Cesantes, con barcos en horario de mañá e tarde. Visitas guiadas que se retomaron neste mes de maio e que se prolongarán durante todo o verán, aínda que nun principio só serán gratuítas en maio e xuño.
As persoas interesadas deben inscribirse previamente, ben achegándose persoalmente á Caseta de Turismo na Alameda de Redondela, chamando ao teléfono 9086 401713 ou facendo a reserva online a través da páxina web do Concello de Redondela.
O interese dos veciños e visitantes por visitar este espazo é patente como así o amosa o feito de que cada fin de semana os barcos cubran todas as prazas.