Fernández de Sousa rompeu o seu silencio dos últimos meses, que cualificou de “erro” e defendeuse nunha entrevista radiofónica das acusacións da Fiscalía. Reivindicou que leva 37 anos “traballando pola empresa” e nega que exista un buraco de 3.000 millóns de euros. En canto ás accións afirma que as vendeu “porque non lle quedou outro remedio”.
O presidente de Pescanova fixo esta mañá as súas primeiras declaracións públicas logo de meses de silencio. Fíxoo na cadea SER para dar conta da situación da multinacional con sede en Chapela, que presenta unha débeda de máis de 3.000 millóns de euros. Recoñeceu os seus erros, entre eles, non ter dado conta antes da situación da empresa. Pero en xeral botou balóns fóra. O presidente, apartado agora das súas funcións executivas, asegura que Pescanova segue a ter “importantes activos” e un “alto valor de marca”, e culpou da súa elevada débeda á crise do sector financeiro, que pechou a billa do crédit. Manuel Fernandez de Sousa tamén se defendeu das acusacións da Fiscalía dun suposto delito de información privilexiada por vender case 30 millóns de euros en accións dous días antes de que a firma entrase en preconcurso de acredores. Asegura que o fixo “porque non lle quedou máis remedio” para poder facer fronte a préstamos pendentes e para refinanciar Pescanova. O presidente de Pescanova asegurou que “loitará” para que non se liquiden os activos de Pescanova e non se fraccione a compañía, á vez que afirmou que axudará a Deloitte, administrador concursal da firma, porque o seu maior interese é que “triunfe” na súa xestión. Fernández de Sousa rompe su silencio. “Sigo al pie del cañón”, ha dicho, tras reivindicar 37 años de “sacrificio” niega que exista “un agujero de 3.000 millones, lo contrario”. Respecto a las acciones: “Vendí todo lo que tenía que vender”Fernández de Sousa asegurou estar “moralmente tranquilo” e afirma ademais que o valor de Pescanova excede “con moito” ao seu pasivo. Así mesmo, asegurou que Pescanova está ao día nas nóminas cos traballadores, con Facenda e coa Seguridade Social, e que “non é normal” que unha empresa que entra en concurso estea ao día en todas as súas obrigas.