O concerto, con entrada de balde, terá lugar na Fería do Gando o sábado 25 ás 21:00 horas organizado polo Concello de Redondela. Un repertorio cargado de rock, ska Punk e reggae a cargo das bandas redondelás Haku, Sete Cuncas e La Vaga banda.
“Malos tiempos para la lírica” que cantaban na década dos 80 os Golpes Bajos e malos tempos tamén neste 2013 para todas as bandas e grupos que sen contar con apoios económicos e promocionais cada vez teñen máis difícil atopar un espazo no que actuar. Precisamente, dar unha oportunidade a algunha desas bandas locais é o que pretenden dende a Concellería de cultura con esta cita musical que celebra mañá a súa segunda edición na Feira de gando. Miriam Cortizo de La Vaga banda salienta e importancia deste tipo de eventos que facilitan a supervivencia de moitos grupos logo de que “dende o 2009 baixara drasticamente o número de concertos que se programan”. Unha formación que abarca diferentes estilos e que lograra facerse co premio no primeiro concurso de maquetas Millo Verde, e que neste caso compartirá escenario cos grupos Sete Cuntas e Haku. Moita diversión e moito ritmo do que de seguro se poderá gozar este sábado ás 21:00 horas con entrada de balde.