O acto terá lugar esta tarde no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas e contará coa actuación musical da cantautora Antía Muñoz. Os maxistrados Mónica Sánchez Romero e Fernando Cabezas Lefler participarán da charla coloquio “falando da xustiza”.
A Asociación Lenda presenta esta tarde no Multiusos da Xunqueira a partir das 20:00 horas un novo número da súa revista “A voz de Lenda”. O tema elixido nesta ocasión é a Xustiza, con análises, reflexións e diferentes artigos nos que os membros do equipo redactor, todos eles usuarios do Centro Lenda, fan a súa achega persoal e xornalística á situación actual da xustiza. Entre os contidos deste número 26 atoparemos tamén unha entrevista aos maxistrados Mónica Sánchez Romero e Fernando Cabezas Lefler quen participarán ademais da charla coloquio “falando da xustiza” que vai ter lugar no transcurso da presentación. O acto, aberto a todo o que queira achegarse, rematará coa actuación musical da cantautora Antía Míguez.