Baixo o nome “Teñamos a festa en paz” a formación política solicita ao Concello que prohiba as atraccións e barracas que reproduzan “música ou calquera outro arquivo sonoro” e que sexa o propio Concello quen estableza unha “música ambiente” común para todo o recinto da festa co obxecto de diminuír o nivel de ruído que se detecta na zona da Ribeira durante a celebración das festas.
Solicitan dende Anova que se adopten unha serie de medidas orientadas a reducir os niveis de contaminación acústica xerada polas atraccións e as “barracas tanto durante a Coca como no resto das festas. A instancia foi xa entregada no concello baixo a denominación “teñamos a festa en paz”.
Este iniciativa propón que se adopten medidas durante a festa na zona de Ribeira para reducir a contaminación acústica motiva polos elevados niveis de ruído que provocan as atraccións alí instaladas que segundo apuntan dende Anova “as máis das veces superan os valores mínimos admisibles en termos de confrot acústico na propia contorna da festa”.
Engaden que dada a repercusión que a contaminación acústica ten para a saúde das persoas é necesaria a inclusión de medidas para reducir o nivel de ruído. Así, solicitan que se prohiba ás barracas reproducir música durante o tempo no que estean operativas e que, no seu lugar, o Concello estableza un sistema de “música ambiente único” que dotaría a toda a área ou recinto da festa, sempre dentro duns límites aceptables segundo a lexislación vixente. Reclaman tamén que esta medida se inclúa na propia Ordenanza Municipal sobre Protección contra a Contaminación Acústica.