Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os criterios económicos primaron na contratación da empresa Biglab para a xestión cultural

RR_Noticias

O edil de Cultura, Julio Alonso rexeita calquera tipo de polémica na contratación da empresa Biglab para a realización dun servizo que segundo apunta “sempre estivo externalizado”. Engade que a contratación dunha empresa “e non dunha persoa” para realizar este traballo responde a que esa é a única fórmula permitida polos servizos xurídicos do Concello.

O Concelleiro asegura que o servizo de xestión cultural no que se enmarca a produción de todos os eventos culturais de Redondela así como a cuantificación das necesidades para cubrir os diferentes actos que se celebren “estivo sempre externalizado, durante anos en mans do que fora programador cultural Suso Ben” que era a persoa encargada de realizar o traballo de producción e control para garantir que a programación cultural estivera axeitadamente organizada. Unha vez que a relación contractual entre o Concello e Suso Ben remata, os servizos xurídicos do Concello establecen que única posibilidade para cubrir esa necesidade laboral pasa por contratar unha empresa externa. Por este motivo, dende o Concello se terían solicitado tres orzamentos sendo finalmente a empresa Biglab a elixida “por ser a que ofertaba o mellor servizo a un menor prezo”.  

Julio Alonso edil de cultura
Pedíronse tres orzamentos
Un servizo externalizado
Un traballo de produción que pasa por realizar xestións fora dun horario establecido
Información á oposición
Os grupos da corporación xa o coñecían porque así se apuntou no último pleno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará