Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As espadas marchan ao ritmo da tradición

RR_Noticias

Milleiros de persoas gozaron no festivo local das alfombras florais que ataviaban as rúas do centro urbano con motivos relixiosos, xeométricos, deportivos e literarios, con referencias ao 150 aniversario da publicación do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

O tempo respectou o traballo realizado durante a tarde noite do mércores  e a procesión, segundo manda a tradición, percorreu os tapices florais ata chega a praza da Constitución onde os danzantes representaron un ano máis a Danza das espadas e as penlas. Uns ceos anubrados que facilitaron o esforzo de burras, penlas e bailaríns que volverán repetir a danza o domingo na praza da Farola. Hoxe venres as actividades continúan con Pasarrúas coa banda de Música de Arcade ás 10:30 e retorno da Virxe da Gabacha. Pola tarde haberá balonmán na pista da Xunqueira e actividades para os cativos coa Coca dos nenos na Alameda ás 18:30. O protagonista esta tarde será o teatro con “La increible historia circense de Nit y Larry” e o circo co espectáculo “Anchuan”. Ás 20:00 horas a banda de Música Cultural de Arcade ofrecerá un concerto e a xornada rematará cona verbena ás 22:00 horas amenizada polo Grupo América e a Orquestra Passarela. Unha festa que se prolongará ata o domingo e que arrancaba na tarde do mércores co pregón a cargo de Teresa Tojeiro. A historia local e a riqueza artística do Concello de Redondela centraron o discurso da que fora profesora de historia do Instituto Mendiño e mestra durante décadas de moitos redondeláns. Tojeiro botou man dos seus coñecementos na materia para facer un percorrido pola historia da Festa e o patrimonio cultural sen esquecer a súa experiencia persoal como redondelá que dende cativa viviu estas celebracións achegándose ao monstro da Coca as veces temible e as veces admirado, admirando “aos abuelitos”, participando da elaboración das alfombras ou gozando da Danza das espadas. Tamén foi quen de sacar un sorriso ao público que ateigaba o Multiusos, lugar no que se realizou o pregón debido ao mal tempo, ao lembrar que “na Coca quen non colle mozo ou moza despois non o atopa”. Rematou lembrando que “conservando o Xoves do Corpus estamos a conservar a nosa cultura” e desexando a veciños e visitantes que gozaran destas festas que se prolongan ata o domingo.  

Julio Alonso edil de cultura
A danza repítese o domingo
Teresa Tojeiro pregoeira
Unhas festas que viviu dende pequena
Mocear na Coca
Así o manda a tradición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará