Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta recuperará a vexetación de ribeira en Soutoxuste

RR_Noticias

O departamento de Medio Ambiente investirá en Redondela preto de 18.000 euros dentro do programa de recuperación e conservación de espazos naturais incluidos na Rede natura. En total destínanse 130.000 euros que se repartirán en diversas actuación sen sete concellos da área territorial de Vigo. Soutomaior recibirá 20.000 euros para a mellora do borde litoral en Arcade.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de conceder unha subvención de 17.990 euros para a preservación da vexetación da ribeira de Soutoxuste.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou na mañá de onte unha visita ao lugar acompañada do alcalde, Javier Bas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, no transcurso da cal informou desta achega que o concello recibirá ao abeiro das axudas a actividades, actuacións ou medidas en municipios incluídos na Rede Natura 2000.
No ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, son un total de 7 concellos os que recibirán unha partida económica de case 130.000 euros (129.398,40 euros) para a recuperación e conservación dos seus espazos naturais. Baiona, Cangas, Nigrán, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Salvaterra do Miño son os municipios situados na Rede Natura que terán estas subvencións e que abranguen en total preto de 1.200 hectáreas de superficie da Rede Natura.
Estas axudas segundo Bravo Boch “veñen a ratificar o compromiso da Xunta coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais de Galicia”.
Os concellos beneficiarios destas achegas teñen que ter toda ou parte da súa superficie na Rede Natura 2000, na súa condición de entidades xestoras destas terras. As actuacións subvencionadas, segundo explicou a delegada territorial, están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará