Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os investimentos en Servizos sociais, emprego e ensino levan a oposición a rexeitar o orzamento

RR_Noticias

Mentres o goberno local asegura que se está a dar prioridade a estas tres áreas os grupos da oposición critican que non se atenda suficientemente estes servizos. Aluden ao orzamento anterior cando as partidas destinadas a servizos sociais, emprego e ensino non se executaron “gastando menos do previsto malia seren moitos os redondeláns que ante a situación de crise precisarían de axudas nestes ámbitos”. Un argumentos que os levaron a votar en contra do documento económico e que tiveron como reacción no grupo de goberno a presentación dunha cuestión de confianza que se debaterá mañá ás 19:00 horas.

A Concelleira de Economía e facenda, Ana Mª Alonso salientou na presentación das contas económicas que se trataba dun orzamento “real en ingresos, axustado en gastos correntes e ambicioso en investimento” e no que se daba prioridade “á estabilidade orzamentaria”. Insistía ademais en que se primaban os servizos socias, o emprego e o ensino con “novas partidas que amosan a sensibilidade do grupo de goberno cos máis desfavorecidos”. Unha explicación que non convencía a ningún dos grupos da oposición. Dende a AER Jorge Varela “Chopi” criticaba ao goberno que se tivese esquecido de que “Redondela é un concello maioritariametne de esquerdas e de que o seu grupo non conta coa maioría no concello”. A edil nacionalista, Cecilia Pérez Orge cualificaba o documento económico de “orzamento para o escaparate” xa que mentres anuncian que se priman áreas como servizos sociais, ensino ou emprego “logo acontece como o ano pasado cando non se esgotaron esas partidas porque o PP realmente non cre que sexan prioritarias”. Argumento semellante que dende o PSOE esgrimía Leonardo Cabaleiro quen lembraba que de nada sirve dotar de partida orzamentaria servizos sociais ou ensino se despois eses cartos quedan como remanente. De nada lle serviu ao PP salientar o “importante esforzo investidor” dun orzamento de 16,2 millóns de euros no que se 1.150.000 euros no capítulo de investimentos con partidas entre as que atópamos 290.000 euros en obras de abastecemento e saneamento e unha partida de algo máis de 162.000 euros que se distribuirán a través dos consellos parroquias, 90.000 euros para a expropiación de terreos así como partidas varias para  eliminación de barreiras arquitectónicas, unha achega de 30.000 euros para o proxecto arqueolóxico en Monte Penide e algo máis de 15.000 euros destinados á posta en marcha da Aula de interpretación da batalla de Rande “Meirande” e sobre todo 400.000 euros para  financiar o Plan marisma Máis. Unha partida aínda pendente de definir pero que podería servir para concluír a obra de reforma da zona deportiva de Santa Mariña ou acondicionar o antigo colexio de Trasmañó para outros usos. Un orzamento que queda sobre a mesa á espera de que mañá se resolva a cuestión de confianza presentada polo alcalde  

Ana Mª Alonso edil de Economía
Afirmaba que o orzamento é real axustado e ambicioso
Sensibilidade cos desfavorecidos
Aseguraba a edil do goberno que se contempla no orzamento atender aos máis necesitados
Jorge Varela "Chopi" AER
Criticaba o informe do alcalde e as sáus reflexións sobre as prioridades do orzamento
Cecilia Pérez Orge BNG
nas áreas de servizos sociais emprego e educación qeudaron partidas executadas ao 50%
Leonardo Cabaleiro PSOE
Partidas con cartos remanentes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará