Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reprobado o goberno de Bas a oposición ten un mes de prazo para entenderse

RR_Noticias

Cumpríronse as previsións e o goberno que preside Javier Bas perdeu a cuestión de confianza vencellada aos orzamentos. Todos os grupos da oposición reprobaron ao goberno local e agora PSOE, BNG e AER teñen un mes de prazo para presentar unha moción de censura e un goberno alternativo. BNG e AER entenden que son os socialistas ao que lles toca agora “mover ficha”.

Unha sesión extraordinaria que arrancou cun longo discurso do alcalde quen defendeu nesa primeria intervención os orzamentos presentados, criticou a oposición por non apoialos e insistiu no bo facer do seu equipo ao longo dos dous anos de goberno dende que chegaran á alcaldía. E mentres Javier Bas aseguraba que decidiu presentar unha cuestión de confianza como única alternativa para aprobar uns orzamentos “reais e necesarios para Redondela” os grupos da oposición recrimináronlle o que cualificaron de “acto de soberbia” segundo o edil de AER, Jorge Varela Chopi quen o acusou de “gobernar Redondela como se fora un cortijo e el o seu amo”. O socialista Eduardo Reguera cualificou a cuestión de confianza de “órdago inaceptable que intenta manipular a decisión do pleno”  mentres a nacinonalista Cecilia Pérez Orge insistía en que “o BNG nunca vai apoiar un goberno do PP”.   

Cuestión de confianza
Debate celebrado no pleno exraordinario o xoves 6

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará