As persoas interesadas en participar deben inscribirse antes do 18 de xuño no Concello, no pavillón de A Montesiña, na biblioteca e na Omix no Multiusos de Arcade. O prezo é de 10 € por participante. As previsións apuntan a que serán 350 nenos e nenas de idades comprendidas entre o 3 e os 16 anos os que poderán participar ao longo do mes de xullo das actividades que inclúen moitas citas de carácter deportivo.
As actividades deste ano inclúen entre outras citas a tradicional acampada os días 19, 20 e 21 de xullo e a festa da bicicleta programada para o sábado 13 de Xullo
Haberá ademais obradoiros de temáticas diversas, reunións nocturnas ás que estarán convidades tamén os pais e diferentes saídas entre as que se inclúe unha excursión a Portugal para gozar dun parque acuático e de aventuras.
Este ano as actividades serán de “terra, mar e aire” deixando así en suspense os participantes as citas concretas entre as que se incluirá unha achega ao mundo das abellas, a hípica, a vela e o esquí náutico.
O Festival de clausura celebrarase o sábado 27 de Xullo ás 21,30 horas no Peirao de Arcade coa proxección do vídeo das actividades e a actuación de “Dous Pallasos en máis apuros” un espectáculo para público infantil e familiar formado pola parella de clowns Pedro Brandariz e Fran Rei, que actúan habitualmente no programa Luar da TVG.