A directiva do Solla&Cía Chapela ven de asinar co BM Granollers o cambio de categoría. A renuncia do equipo catalán á súa praza permitiu o acordo co club de Chapela, que finalmente participará na liga da división B. Faise así xustiza para o equipo redondelán, que por segundo ano consecutivo quedara ás portas do ascenso polo “gol average”.
O presidente Manuel González Soto recoñeceu sentirse “moi satisfeito” por ter acadado o tan ansiado ascenso. Agora toca traballar na confección do equipo para a próxima temporada, aínda que Soto avanzou que a “continuidade” é a principal aposta do club, que manterá maioritariamente o seu cadro de xogadores, e tamén ó técnico, Fran Teixeira.
Convivencia Fin de Tempada
O Club de Balonmán Chapela celebra este domingo, día 16, unha convivencia para despedir a pasada tempada. A convivencia comezase a partir das 11 horas, e nela participarán os nenos e nenas que forman parte das categorías inferiores do club, así como os seus familiares e xogadores. Para comezar xogarán dous partidos das estrelas, un masculino e outro feminino. Logo xantarán todos xuntos no pavillón.
XV Campus de Chapela
Despois de que o pasado verán non se puidera celebrar por mor das obras no pavillón, o club Balonmán Chapela recupera este ano o seu campus, que se vai celebrar do 8 ao 13 de xullo, dirixido a rapaces de 5 a 15 anos. O prezo da actividade é de 115 euros para os xogadores do club e de 125 euros para o resto de participantes.