Consideran innecesario un gasto de 6.000 euros cando o traballo podería ser feito polos traballadores municipais. A actuación realizouse na fonte e lavadoiro do Souto no barrio de A Quintana en Reboreda e consistiu na impermeabilizacicón de diferentes elementos, na construcción de pequenos muretes e na instalación de tapas de granito para o lavado.
Segundo explican dende o BNG a actuación “podería ter sido feita perfeitamente por operarios municipais” atendendo ás características da intervención realizada. Descoñecen os motivos polos que a concelleira de parques, xardíns e limpeza viaria elaborou a proposta para o arranxo de dito lavadoiro a cargo dos orzamentos do concello, que finalmente se lle encargou a unha empresa allea ao Concello.
Por este motivo veñen de solicitarlle ao goberno local que aclare por que esta obra se lle encarga a unha empresa privada e o motivo de que a persoa responsable de dito encargo fora a concelleira de parques e xardíns no canto do concelleiro de obras.