O local social acolle este xoves e venres unha dobre xornada na que se inclúe unha charla coloquio na que se analizarán as alternativas existentes de cara a garantir uns servizos públicos de mobilidade sostibles, económicos e seguros. A charla terá lugar o xoves ás 20:30 horas. O venres a quenda será para o cine coa proxección do filme francés “El árbol, el alcalde y la mediateca”.
Dúas actividades organizadas conxuntamente pola Plataforma Cidadá contra a autovía e o cine club internacionalista que buscan concienciar da necesidade de potenciar os servizos públicos de transporte sobre todo nun momento no que novamente están no punto de mira coas novas informacións en torno a construcción da A-57 e a ampliación da Ponte de Rande. Temas que se abordarán nunha charla coloquio na que intervirán Martín Barreiro de Rurbán, Cándido Martínez da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Jacobo Ojea da Plataforma Cidadá e Irene Campelos do Colectivo Senghasoil. Unha charla que terá lugar o xoves ás 20:30 horas no local social o Recuncho O venres as xornadas continúan con cine. Proxectarse a mesma hora a película “El arbol, el alcalde y la mediateca” do director francés Eric Rohmer. Unha comedia política na que se fala dun alcalde dunha pequena vila e das pretensións de construír un gran complexo deportivo cultural no lugar.