Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alfonso Blanco Pochi: “A política do PP non é tan desastrosa como para cambialo todo”

RR_Noticias

O Concelleiro da Agrupación de Electores entende que malia haber moitas cousas coas que non están de acordo no proceder do goberno de Javier Bas, a situación “non é tan desastrosa” como para apoiar unha moción de censura en Redondela. Ademais entende que de apoiar un goberno alternativo “a xente que nos votou podería sentirse enganada”. Sobre as críticas recibidas lembra que “en Redondela hai un goberno de dereitas porque foi o máis votado, non por nós”.

Eses son os principais argumentos que manexan na Agrupación de Electores para non apoiar unha moción de censura liderada polo PSOE, posibilidade que se abriu logo de que o alcalde perdera unha cuestión de confianza vencellada aos orzamentos. O edil de AER engade que un dos motivos que os levaron a se organizar e presentarse ás eleccións foi precisamente “porque non creiamos nos partidos que xa existían” motivo polo que “non tería sentido que si vendemos aos cidadáns que somos algo diferente agora vaiamos pactar cos de sempre”. Alfonson Blanco reitera que a decisión de non apoiar unha moción de censura foi tomada nunha asemblea na que “a maior parte dos membros de AER entenderon que pactar con alguén podería considerarse un engano a toda a xente que nos votou”, motivo que os levou a manter a posición inicial xa amosada logo dos comicios municipais de “non pactar con ninguén”. Engade o concelleiro que “en Redondela goberna un partido de dereitas porque foi o máis votado e non por nós”, afirmación coa que responde ás críticas dos que os acusan de favorecer que na alcaldía se manteña un goberno do PP. Finalmente insiste en que “un cambio por un cambio non tería sentido” xa que “os grupos que se din de esquerdas non veñen facendo políticas de esquerda como demostraron cando gobernaron e se dedicaron a privatizar servizos como a recollida do lixo, a piscina ou recadación”.  

Entrevista a Alfonso Blanco AER
O edil argumetna os motivos que levaron a esta formación a optar por non apoiar unha posible moción de censura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará