O campus desenvolverase nos meses de xullo e agosto e nesta terceira edición as súas actividades xirarán en torno ao circo e o mundo do espectáculo. Os rapaces participantes, nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, poderán participar de obradoiros de malabares, xogos predeportivos, clases de inglés e actividades de natación en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Unha iniciativa orientada aos usuarios da piscina municipal e cuxo prezo é de 59,90 euros por quincena, 110 euros o mes completo. No caso de non seren usuarios da piscina o prezo é maior polo que compensa, segundo nos explicaba o xerente das instalación José Bamio, facerse abonado e beneficiarse así deste prezo. As prazas para a primeira quincena de xullo están practicamente esgotadas aínda que queda algunha vacante. As persoas interesadas poden inscribirse e informarse na recepción da piscina ou no teléfono 986 400586.