Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Ano Alejandro Otero co nomeamento dunha praza na súa honra

RR_Noticias

O Concello de Redondela convoca aos veciños a asistir aos actos conmemorativos do ano Alejandro Otero que arrancan ás 20:00 horas de hoxe cunha ofrenda floral no cemiterio de Os Eidos. A continuación descubriranse senllas placas na casa onde viviu e na praza que levará o seu nome, nas proximidades da Praza de Ribadavia.

O programa de actividades en torno á figura de Alejandro Otero arrancan hoxe mesmo, no día no que se cumpren 60 anos do seu falecemento, que tivera lugar en México o 26 de xuño de 1953. Ao longo de todo o ano e logo de que así se acordase polo Pleno do Concello, está previsto que se desenvolvan diferentes actividades co gallo de divulgar a vida e obra do médico e político redondelán que, malia vivir boa parte da súa vida fora do noso concello, primeiro en Granada e xa logo no exilio en México, sempre mantivo unha íntima relación con Redondela. Así o salientaban na súa proposta os promotores da candidatura de Alejandro Otero como persoeiro do ano 2013, a Asociación Cultural que leva o seu nome, quen salientaban as achegas que no ámbito cultural, científico e filantrópico realizou este redondelán ao longo da súa vida. Destacaban ademais o feito de que neste ano se conmemore o 125 aniversario do seu nacemento, un nacemento que tivera lugar o 14 de decembro de 1888 na casa familiar paterna que se atopa na actual rúa Reveriano Soutullo As primeiras das actividades no camiño de espallar a súa figura arrancan esta tarde ás 20:00 horas cunha ofrenda floral no cemiterio de Os Eidos. A continuación descubriranse senllas placas na casa onde viviu e na praza que levará o seu nome, nas proximidades da Praza de Ribadavia. Entre outros méritos, Alejandro Otero foi un destacado médico, sendo o responsable de introducir o uso de luvas de goma para operar, e docente como catedrático de xinecoloxía e obstetricia chegando a ser nomeado rector da Universidade de Granada. A esto hai que engadir a súa destacada labor política, sendo elixido concelleiro en Granada nas eleccións municipais de 1931.  

Isaac Araujo Asociación Alejandro Oero
Lembran a súa íntima relación con Redondela malia vivir boa parte da súa vida fora da vila

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará