Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para participar no concurso Foto furancho de Saxamonde

RR_Noticias

As persoas interesadas en participar neste concurso de fotografía teñen de prazo ata o vindeiro 3 de xullo para presentar as súas imaxes que necesariamente deben estar relacionadas cos furanchos situados na parroquia, tanto os que están abertos como os que xa pecharon. Os participantes optarán a un premio do xurado consistente nunha cámara dixital e un premio do público, un vale de 50 euros.

O vindeiro mércores 3 de xullo remata o prazo para participar no II concurso de fotografía Foto Fúrancho que organiza o Centro Cultural Chan das Pipas co obxecto de promover o valor fotográfico e visual da parroquia de Saxamonde. Calquera persoas poderá presentar ata 5 fotografías inéditas que deberán estar relacionadas cos furnachos da parroquia. Cunha selección das mellores realizarase unha exposición durante a VI Festa do Viño da Casa que se vai celebrar os días 6 e 7 de xullo.
Os participantes optarán a dous premios, un designado por un xurado cortesía da tenda de fotografía Cal-3 e que consiste nunha cámara dixital. O premio do público será un vale de 50 euros a gastar na mesma tenda Cal-3. As bases poden consultarse na páxina https://www.facebook.com/chandaspipas
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará