Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A AVV de Chapela renuncia a participar do Consello parroquial por considerar que está manipulado

RR_Noticias

A presidenta do colectivo veciñal, Angela Méndez, acusa ao alcalde de converter os concellos parroquiais “nun mero simulacro de participación” e anuncian que deixarán de participar no Consello Parroquial de Chapela logo de que se reorganizase o número de membros que neste órgano consultivo pode ter cada unha das asociacións da parroquia e que os deixa con tan só un representante.

A Asociación que preside Angela Méndez contaba ata o de agora con 3 representantes responsables de “promover o 95% das propostas que alí se debateron dende a súa constitución”. Sen embargo, logo da “reorganización unilateral decretada polo goberno a asociación queda con tan só un representante neste organismo” motivo polo que anuncian que non volverán participar destes Consello Parroquiais. A polémica e o desencontro xurde a raíz do número de representantes que no consello parroquial ten a Asociación de Veciños e outros colectivos de Chapela como a Asociación de pensionistas e xubilados e a Asociación de afectados pola autoestrada AP-9. Logo de que ambos colectivos solicitase a súa incorporación ao Consello parroquial e a raíz dun informe emitido pola secretaria municipal pasan a considerarse “asociación veciñais”. En base a este argumento, se reparten os tres representantes correspondentes ás asociación veciñais quedando con tan só un representantes a asociación que preside Angela Méndez cando segundo ela explica “nos pedimos que se ampliara a 5 o número de representantes e así foi aprobado e agora atopámonos con esta resolución unilateral que entendemos que o que persegue é “converter os consellos parroquiais nun mero simulacro de participación cidadá que o goberno poida manipular aos seu antollo”.  

Angela Méndez presidenta da AVV
Lembran que a asociación pasa de 3 a tan só un representante
Loitaremos doutras formas
Entenden que o oxectivo desta medida é arlles as mans proque son a asociación que máis propostas realizan

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará