Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociacións de O Viso convocan unha asemblea para informar sobre o Consello parroquial

RR_Noticias

Un total de nove colectivos veciñais, culturais e sociais da parroquia de o Viso celebran este domingo día 30 ás 11:30 horas da mañá unha asemblea aberta a todos os veciños co obxecto de falar sobre que é, como funciona e para que serve o Consello parroquial. A xuntanza celebrarase na Sociedade de Agricultores de O Viso.

As asociacións convocantes queren explicar o funcionamento dos Consellos Parroquiais á veciñanza, facendo fincapé no seu funcionamento, na participación e nas relacións que este organismo ten co Concello. O obxectivo é achegar este órgano de participación aos veciños e facelos partícipes a través dos representantes existentes nel. Falarase ademais das demandas, peticións e últimos temas formulados no seo deste foro que afectan directamente ao común da veciñanza.
As entidades exporán tamén aos veciños a posibilidade de asistir como público, ata completar aforo, a partir do vindeiro Consello Parroquial, decisión tomada a petición das entidades do Viso e aceptada por unanimidade, condicionada pola presenza dos asistentes sen alterar a correcta celebración do Consello.
Esta asemblea será aberta ata completar aforo, sendo convocada polas asociació nde veciños “O Regueiro” do Escredo,”Fonte do Allo” da Nogueira, “O Eixo” de Soutoxute e a Asociación de Veciños de Saramagoso, ademias das Comunidade de Montes Veciñais, as Comunidades de Augas da Nogueira e Cadaval, a asociación Cultural Santa María do Viso e o Colectivo Lúa Meiga.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará