As obras de ampliación que se están a desenvolver nun tramo da estrada á Praia de Cesantes manteñen esta vía pechada ao tráfico en horario nocturno, dende as 22:30 horas ata as sete da mañá. A Policía Local de Redondela informa de que os cortes se prolongarán ata o vindeiro venres. Unha actuación que forma parte dun proxecto máis amplo que está previsto se realice en fases posteriores.
As obras que se están a realizar afectan a tan só un tramo da estrada, debido á construcción dun muro de contención nun cambio de rasante que se está a realizar co obxecto de facer máis ancho o vial nese tramo. Unha intervención que arrancaba onte e que se vai prolongar ata o vindeiro venres.
Unha mellora moi necesaria aínda que insuficiente tendo en conta os problemas desta estrada que da acceso á praia da Punta e que nestes días de verán vese colapsada pola enorme afluencia de vehículos ao areal. Por este motivo, dende o Concello explican que esta é tan só a primeria fase dun proxecto máis ambicioso orientado precisamente a ampliar dita vía. Fontes municipais enganden que a actuación “realízase en horario nocturno para evitar que as obras compliquen a circulación na estrada”.