Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As contratacións do verán deixan 123 parados menos en Redondela

RR_Noticias

As cifras do desemprego correspondentes ao mes de xuño deixan uns datos optimistas na nosa comarca, con 176 persoas menos anotadas nas listas do INEM. Na área metropolitana, Redondela foi, por detrás de Vigo, o concello que mellor comportamento tivo durante o pasado mes no seu mercado de traballo con 123 desempregados menos, o que sitúa o número de parados inscritos no noso municipio en 2.833 persoas, encadeando ademais cinco meses con descensos consecutivos.

Os bos datos do paro rexistrado no mes de xuño a nivel estatal e autonómico tamén se constatan na nosa comarca. A lista do desemprego diminuíu nos catro concello que a conforman, con reducción máis salientables en Redondela pero tamén en Soutomaior onde atoparon emprego 27 persoas, sendo actualmente 900 as que demandan un traballo. En Pazos de Borbén o número de desempregados sitúase en 462, 23 menos que no mes anterior, e en Fornelos a variación é mínima con tan só 3 parado menos e 224 persoas desempregadas.
No caso de Redondela estes bos datos teñen un marcado carácter estacional, xa que foron 77 as persoas que atoparon emprego no sector servizos, o que fai pensar que se trata de traballos estacionais e propios do verán, especialmente na hostalería. Con todo, os datos da Consellería de Traballo constatan tamén unha reducción no número de desempregados procedentes da industria en 27 persoas, previsiblemente polas novas contratacións en Plastic Omnium.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará