A pista da Xunqueira acolle este domingo ás 19:00 horas o torneo de clausura de tempada do Grupo Casa Paco 81. Como todos os anos os organizadores entregarán unha placa conmemorativa a unha persoa destacada deste deporte, sendo homenaxeado nesta ocasión o presidente do Salgueiriños de Pontevedra, Carlos Menéndez, fundador do equipo no ano 1962.
O evento arrancará ás sete da tarde do domingo día 7 e contará coa presenza dos 60 nenos que conforman o grupo Casa Paco, rapaces de entre 3 e 7 anos que amosarán o seu bo facer co balón nos partidos que se disputen na Pista da Xunqueira. A continuación gozarán dunha pequena festa organizada polo responsable do Grupo Casa Paco, Manuel conde.