Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina de Chapela abrirá en agosto

RR_Noticias

A instalación deportiva abrirá na segunda quincena do vindeiro mes segundo confirmou o tenente de alcalde, Miguel Angel Alvarez Ballesteros. A concesionaria encargada do servizo, a empresa Aqualia, anunciou que nos primeiros días celebrará unhas xornadas de portas abertas para que os veciños se acheguen, coñezan e proben as instalacións de xeito gratuíto e se animen así a facerse abonados a esta piscina. O goberno local confía en que a demanda sexa masiva.

Logo de anos de espera parece que finalmente o Centro de deportes acuáticos de Chapela abrirá as súas portas na segunda quincena de agosto. Así llelo comunicou a empresa concesionaria do servizo, Aqualia ao goberno local, cuxos representantes visitaban esta semana as instalacións. Tan só resta, segundo explicaba o edil Miguel Angel Álvarez Ballesteros instalar a maquinaria do ximnasio e concluír algunhas cuestións técnicas de envergadura menor.   Confíase en que as portas desta piscina estean abertas ao redor do 20 de agosto. Nos primeiros días Aqualia organizará unha xornadas de portas abertas para que os veciños accedan gratuitamente ás instalacións que comezarán a funcionar “para xa comezar a funcionar en serio en setembro”. O custe do Centro de Deportes Acuáticos disparouse ata os 5,5 millóns de euros malia estar orzamentado nun primeiro momento en 3,2. A demora na súa apertura responde entre outras cuestións a que foi necesario realizar o concurso de adxudicacións ata en tres ocasións, modificando os requisitos recollidos no prego de condicións e acortando o periodo de concesión a catro anos ante a dificultade de atopar unha empresa que asumira a xestión do centro.  

Miguel Angel Alvarez PP
As instalacións abriranse en agosto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará