Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ileso un veciño de Cabeiro logo de caer ao Alvedosa

RR_Noticias

Un condutor de 38 anos de idade, veciño da parroquia de Cabeiro, resultou ileso logo de caer a furgoneta que conducía ao río Alvedosa. O condutor perdeu o control do vehículo por causas que se descoñecen ás nove da mañá de onte domingo e foi para á canle do río logo de levarse por diante parte da balaustrada. Foi necesaria a intervención policial, axentes que tiveron que actuar tamén de madrugada na detención dun condutor ebrio en Cesantes.

Un veciño de Cabeiro de 38 anos de idade resultou ileso malia protagonizar un aparatoso accidente na mañá de onte domingo, cando o vehículo que conducía se precipitou ao río Alvedosa logo de levarse por diante parte da balaustrada na rúa Ernestina Otero. Os feitos tiveron lugar nas proximidades do hostal Alvedosa e foi necesaria ai intervención da Policía Local, o Grumir e o guindastre para retirar o vehículo que quedou inclinado coa parte dianteira na auga. Afortunadamente no momento do suceso a marea estaba baixa e o río tiña pouca profundidade, polo que o condutor puido saír polo seu propio pe e resultou ileso.
Tamén na madrugada de hoxe foi necesaria intervención dos axentes da Policía local co gallo de evitar que un home de 45 anos de anos se puxera ao volante do seu vehículo en estado ebrio, co agravante de levar como acompañante a un menos de 8 anos. Unha chamada alertaba media hora despois da media noite á policía de que un home con evidentes mostras de embriaguez e acompañado dun menor se subía a unha furgoneta. Unha vez no lugar, na parroquia de Cesantes, os axentes constataron que o home, veciño de Pontevedra atopábase baixo os efectos do alcol polo que procederon a realizarlle as probas pertinentes amosando o resultado que triplicaba a taxa permitida ao volante. Foi necesario realizar diferentes xestións para que alguén se fixera cargo do menor e se procedeu á detención e traslado a comisaría do detido, quen xa contaba con antecedentes que deran lugar á suspensión do permiso por feitos similares.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará