Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alvarez Ballesteros lamenta que a AVV de Chapela abandone o Consello parroquial

RR_Noticias

O colectivo veciñal anunciou a súa marcha logo de que visen reducido de 3 a tan so 1 o número de representantes cos que contaban neste órgano consultivo. O presidente do Consello Parroquial, o edil Miguel Angel Alvarez Ballesteros lembra que este cambio non responde a unha decisión política senón que está abalado “por un informe xurídico da secretaria do concello”.

En dito informe, os servizos xurídicos do concello establecen que tres asociacións da parroquia de Chapela poden ser consideradas como asociacións veciñais polo que era necesario repartir entre as tres (a Asociación de Veciños, a Asociación de afectados pola AP-9 e a Asociación de xubilados e pensionistas de Redondela) os tres representantes que ata o de agora lle correspondían na súa totalidade ao colectivo que preside Angela Méndez. Unha decisión que ao entender de Méndez responde aos intereses do goberno local de converter os concellos parroquiais “nun mero simulacro de participación” algo que rexeita rotundamente Álvarez Ballesteros quen insiste en que a decisión se deixo precisamente en mans da secretaria municipal para evitar posibles malentendidos neste sentido. Engade Miguel Alvarez que incluso se lles deu a oportunidade ás tres asociacións para chegar a un acordo sobre o reparto “do mesmo xeito que fan as ANPAs ou os colectivos culturais” pero que non chegaron a ningún reparto satisfactorio. Finalmente apunta o presidente do consello que se estudou a posibilidade de ampliar ao número de representantes que se destinan ás asociacións veciñais pero que o regulamento “a día de hoxe impide esas modificacións”.  

Miguel Angel Alvarez edil presidente do Consello parroquial
Lamenta a deisión da Asociación de Veciños de Chapela
Informe xurídico
Hai un informe que abala o reparto de representantes
Tres agrupacións
Agora os representantes hai que repartilos entre a AVV a Asociación de afetados pola AP-9 e a Asociación de xubilados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará