As actividades, orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos desenvólvense en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas, un horario pensado para que pais e nais poidan conciliar vida laboral e familiar e para que os nenos conten cun espazo no que gozar de actividades lúdicas e deportivas. O Círculo Cultural oferta o servizo durante dous meses e os súas usuarios pagan dependendo do número de días de asistencia.
Impartido pola empresa de xestión deportiva Koremi os prezos son de 4 euros por día, con cotas individualizadas dependendo do número de irmáns inscritos ou si de opta pro acudir unha semana, unha quincena ou o mes enteiro. As persoas interesadas poden informarse nos teléfonos 986 450050 ou 665990515. Tamén no enderezo circulo@chapela.org O presidente do Circulo, Emilio Sánchez Santorio salienta que ademais de dar un servizo aos veciños a realización de actividades como esta serve para fidelizar aos socios e empregar unhas instalacións que no verán adoitan estar infrautilizadas. Unha entidade que desenvolve tamén actividades puntuais como o III encontro de habaneiras que terá lugar este sábado ás 21:00 horas no Multiusos do Piñeiral de Chapela coa participación da Coral de Ponteareas, a Coral de Valadares e a coral do Cículo.