Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela critica a adxudicación de Ciclos a centros relixiosos en detrimento dos públicos

RR_Noticias

O Departamento de Servizos á Comunidade do IES Chapela critica a decisión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de non concederlle o Ciclo Formativo de Grado Superior de Integración Social, logo de telo solicitado en varias ocasións, cando si se aproba a súa implantación no C.P.R. Aloia en Vigo “un centro de ensino privado e de marcado carácter relixioso no que se segrega por sexos”. Cualifica a decisión da Consellería de “agravio cara o ensino público”.

Lembran dende o Instituto de Chapela que a demanda do Ciclo Formativo de Integración Social responde a diversos criterios tales como a existencia de demanda entre o alumnado do centro, a inexistencia de oferta do devandito Ciclo en Centros Públicos de toda Pontevedra ou a existencia das infraestruturas precisas no IES de Chapela, sen mais necesidades de dotación que dous profesores (un para o curso 2013/2014 e outro para curso 2014/2015) para completar a docencia cos xa existentes no propio IES.
Na oferta de Formación Profesional da Consellería de Educación non se recolle a demanda formulada polo IES Chapela. En cambio, si aparece a súa concesión para o C.P.R. Aloya, sito na cidade de Vigo, unha decisión que entenden supón “un agravio cara o ensino público, ó tratarse novamente dun centro de ensino privado, co agravante de ter un marcado carácter relixioso e levar a cabo unha política de segregación por sexos, ó admitir exclusivamente mulleres nas ensinanzas que oferta (algo bastante incoherente coa integración social)”.
Por estes e outros motivos solicitan da Consellería “unha inmediata rectificación nas autorizacións de Ciclos Formativos para o vindeiro curso, retirando o concerto establecido cun centro de ensino privado de carácter relixioso, que segrega por sexos, e concedendo a implantación do Ciclo Formativo de Grado Superior de Integración Social ó IES Chapela para o curso 2013/2014”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará