Un total de cinco grupos participan este sábado no II Berete Rock, un concerto que arrancará ás 20:30 horas no Paseo de Cardona en Chapela e que contará coa música dos grupos Stoyka, Caraba, Druídas, Barrytown e El garito del gordo. Un cita musical que busca dar a oportunidade de subirse ao escenario a grupos que están comezando e animar aos veciños a que se xunten nun lugar privilexiado.
Os organizadores do evento, a agrupación Berete Rock confían en que esta segunda edición sexa todo un éxito, logo das máis de 500 persoas que pasaron polo lugar o ano pasado. Lembran que a actividade se prolonga ata altas horas da madrugada, xa que malia comezar moi cedo cada grupo actúa por un período aproximado dunha hora. Agradecen a colaboración dos propios grupos “que actúan sen saber se van cobrar, xa que todo depende dos cartos que consigamos coa venda de camisetas e na barra de bebidas”. Agradecen tamén a colaboración das hostaleiros da zona e do propio concello.