Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O edil de interior amósase “insatisfeito” coa implantación da normativa que regula as terrazas

RR_Noticias

O concelleiro de interior, Arturo González entenden que é necesario darlle un tempo aos locais de hostalaría para que se adapten a nova lei “logo de levar moitos anos sis ningún tipo de normativa que os regulase”. Así o afirmou no pleno logo de explicar que dende a súa aprobación “tan só houbo 4 solicitudes autorizadas e 15 en trámite”.

Insiste o edil en que é necesario darlle a estes locais unha “marxe de tempo suficiente” para que se adapten. Entenden dende o goberno que “non se debe actuar como un elefante nunha cacharrería” e que unha vez rematado o verán será un bo momento para facer balance da situación e iniciar unha segunda etapa de cara a implantación total dunha ordenanza que regula a instalación de mesas e cadeiras na rúas así como as taxas que os locais teñen que abonar por ocupar a vía pública”. O edil daba estas explicacións no último pleno municipal logo de que a Agrupación de Electores demandase a súa comparecencia para explicar a implantación da ordenanza que regula a utilización do espazo público por parte das terrazas cobrando unha taxa en bases ao número de cadeiras e mesas que se instalan fora do local. Unha normativa que  establece ademais que os propietarios dos negocios terán que retirar ese mobiliario da vía pública todas as noites logo do seu peche á 1:30 horas da madrugada.  

Arturo González edil de Interior
O concelleiro explica que foron poucos os locais que iniciaron os trámites
Un sector non acostumado ás normas
Así o entende o edil que quere dar tempo aos locais para que se adapten

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará