Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior, parada obrigada na “Ruta dos xardíns da camelia”

RR_Noticias

A “Ruta dos xardíns da camelia” é un percorrido en tren cunhas paradas moi particulares. Esta iniciativa, posta en marcha o pasado 1 de xuño por Turgalicia en colaboración con Renfe, permite aos visitantes  percorrer en tren as Rías Baixas facendo parada naqueles xardíns que destacan pola súa riqueza botánica, como o Quiñones de León en Vigo ou os xardíns do Castelo de Soutomaior.

Un servizo turístico que funcionará ata o vindeiro 8 de setembro en fines de semana alternos. Os participantes contan cun guía turístico que os acompaña nas diferentes paradas e lles vai explicando a historia dos inmobles e os xardíns que se visitan. O pazo Quiñones de León en Castrelos é o punto de partida desta ruta que une Vigo con Vilagarcía pro tren e que inclúe outras dúas apradas: unha en Arcade para visitar o Castelo de Soutomaior e outra en Vilagarcía para coñecer o pazo de Rubiáns e os seus xardíns.
Para proporcionar o servizo completo, a viaxe en tren está apoia con microbuses, que permiten desprazarse dende as estacións de ferrocarril aos enclaves que conforman os itinerarios.
En canto ao prezo, a excursión ascende a 40 euros para os adultos, dez os nenos, aínda que tamén se contemplan descontos para familias numerosas e grupos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará