Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colócanse as estadas para iniciar a demolición dunha vivenda ilegal en Chapela

RR_Noticias

Operarios da empresa Verticalia escoltados por axentes da Policía Local e Nacional desprazábanse ás sete da mañá de hoxe ao barrio de Laredo en Chapela para iniciar os traballos previos de cara a demoler un baixo cuberta sobre o que pesa unha orde de derrubo por non axustarse a construcción á licencia concedida. Malia a presenza veciñal a empresa colocou a estada na fachada, non así unha estrutura no interior da finca.

Dende as sete da mañá operarios dunha empresa de montaxe escoltados polos axentes da policía local están a traballar na colocación da estadas de cara a axilizar os trámites para derrubar un baixo cubeta sobre o que pesa unha orde xudicial de demolición por non terse axustado a súa construcción á licencia concedida. Este é o cuarto intento en menos de 15 días e polo de agora non se ten producido ningún incidente malia que foron varios os veciños que se achegaron ao lugar para amosar o seu apoio á afectada, Luz Otero. Unha demolición que afecta a un baixo cuberta logo de que así o decretase a sentencia xudicial que considera a obra ilegal e que obriga ao concello a executar o derrube antes de que remate o mes de agosto.
A afectada asegura que se procedeu á identificación dalgúns dos veciños que se trasladaran ao lugar para amosarlle o seu apoio. Instalouse a estada na fachada do edificio, non así unha segunda estada no interior da finca.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará