Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O actor Miro Magariños pregoeiro na XI Festa da Chanfaina

RR_Noticias

O popular actor Miro Magariños será o encargado de ler o pregón dunha cita gastronómica de exaltación da chanfaina e a carne do Suído que se celebra este domingo en Fornelos de Montes. Na súa XI edición os organizadores baixan os prezos para que todos poidan gozar das racións que se venderá a 3 e 5 euros.

Os comensais poderán degustar o prato de chanfaina a tan só 3 euros e o de carne de suído por 5 euros, unha rebaixa nos prezos respecto de anos anteriores que busca adaptarse á realidade económica. Unha cita que quere dar a coñecer aos visitantes os produtos gastronómicos da zona, coa venda dunha carne alimentada de xeito ecolóxico nos montes do municipio. Serviranse ao redor de 1.500 racións e como novidade haberá sobremesas variadas elaboradas polo propios veciños da zona. As casetas de degustación abriranse sobre as once da mañá e os comensais poderán durante todo a xornada degustar a carne preparada á brasa por cociñeiros profesionais acompañada de patacas. O actor Miro Magariños, un dos intérpretes da televisiva serie Libro de Familia será o encargado este ano de ler o pregón ás doce do mediodía. Pola tarde continuarán as actuación musicais con pandereteiras, a banda de gaitas do concello e exhibición do grupo de baile de sevillanas de Pontecaldelas. Pola noite a verbena estará amenizada por 5ª Avenida.  

Cayetano tamaño Comisión de festas
Fálanos das racións que esperan vender
Programa festivo
Haberá música degustacións e pregón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará