Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición leva ao Parlamento a demanda do ciclo de Integración Social para o IES de Chapela

RR_Noticias

Os tres grupos que conforman a oposición parlamentaria, PSOE, BNG e AGE solicitan no Parlamento que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rectifique e implante no Instituto de Chapela o ciclo formativo de grao superior en Integración Social, tal e como o veñen demandando dende hai anos dende este centro educativo.

Os grupos da oposición reclaman que se lle conceda este ciclo ao IES de Chapela atendendo á demanda existente entre o alumnado do centro e ao feito de que non exista esta oferta en ningún outro centro público de toda a provincia. Lembran tamén que non sería necesario un gran investimento económico dado que no instituto contan coas infraestruturas precisas sen máis necesidade que a dotación dun profesor por curso. Dende a comunidade educativa aplauden as iniciativas dos grupos políticos e entende que “si os tres partidos fan a mesma demanda debería ser motivo máis que suficiente para que a Consellería tome nota a rectifique a súa decisión de non conceder este ciclo ao instituto de Chapela”. Outro dos argumentos esgrimidos nas iniciativas parlamentarias presentadas por PSOE, BNG e AGE fai referencia a que mentres se nega esta ensinanza a este centro público si se lle concede a un colexio privado como o Aloya. Dende o propio Instituto criticaban esta decisión que consideran “un agravio cara o ensino público, ó tratarse novamente dun centro privado, co agravante de ter un marcado carácter relixioso e levar a cabo unha política de segregación por sexos, ao admitir exclusivamente mulleres nas ensinanzas que oferta”. E aínda que dende a Consellería neguen que se trate dun centro segregacionista, dende o Instituto Borja Alvarez lembra que “non hai máis que acceder a páxina web http://www.aloya.es para comprobar que se trata dun centro que só da acceso a alumnado feminino”.  

Borja Alvarez IES de Chapela
As iniciativas da oposición deberían facer reflexionar á Consellería entende este profesor
Agravio cara o ensino público
Lembran que só se lle concede o ciclo a un colexio vinculado ao OPUS e que só admitte alumnado feminino
Argumentos e contraargumentos
Borja Alvarez deesmonta os argumentos da Consellería para non lles conceder este ciclo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará