Organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior este campamento está orientado a mozos e mozas de entre 10 e 16 anos. A actividade desenvolverase en dúas quendas, do 19 ao 24 de agosto ou do 26 ao 31 de agosto e estará impartida pola empresa de xestión deportiva Koremi. Os nenos aloxaranse nas instalacións da Illa e o campamento ten un custe de 140 euros por persoa.
Durante unha semana de aloxamento en pensión completa os rapaces participarán de actividades variadas como veladas nocturnas, clases de inglés, festas temáticas, xogos variados e actividades náuticas e deportivas.
Os interesados deberán formalizar a súa inscrición na Omix de Soutomaior, no multiusos de Arcade, como data límite o venres 19 de xullo ás dúas da tarde.