A axuda económica concedéuselle ao Círculo cultural recreativo Chapela, á Asociación centro social e deportivo cultural Chan das Pipas de Saxamonde, ao Centro social cultural e recreativo de Cedeira e ao Centro cultural social recreativo deportivo e de asistencia á terceira idade de Cabeiro.
As axudas destinaranse á rehabilitación e acondicionamento de locais e áreas de asociacións, escolas e locais de música, e pavillóns e instalacións deportivas entre outras.
Os doce mil euros concedidos aos colectivos redondeláns forman parte dunha partida de máis de 84.000 euros que o organismo provincial destina a entidades e asociacións sen ánimo de lucro de Vigo, Salceda, Redondela e Mos para realizar obras de mellora dos seus locais, centros sociais ou culturais, así como melloras e acondicionamento de infraestruturas.
Destas axudas se beneficiarán un total de 26 entidades dos 4 concellos para as que pediron o apoio da Deputación para o mantemento de áreas afectadas de sedes e locais sociais de asociacións, escolas e locais de música, casas de cultura, pavillóns e instalacións deportivas, igrexas e santuarios, ademais da restauración e conservación de patrimonio como pinturas, murais ou imaxes relixiosas entre outras.