Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Normalización inicia o ciclo de Cinema na rúa

RR_Noticias

O programa que se desenvolverá ao aire libre os martes na praza de Reveriano Soutullo, inclúe películas infantís, curtametraxes, comedias e cine documental. As proxección son completamente de balde e terán lugar ás dez da noite agás a primeira das citas mañá martes día 23 que se adiantará ás 21:00 horas por tratarse da película Pinocho 3000 orientada ao público infantil.

A seguinte das citas será o martes 30 coa proxección de dúas curtametraxes Un café de ollos verdes e Memorias dun parado, que contan entre o seu elenco de actores coa presenza de Roberto Vidal Bolaño, un xeito de lembrar a figura do homenaxeado este anos nas letras galegas O martes 6 de agosto a quenda será para a comedia coa película Galatasaray-Depor e pechará o ciclo o documental histórico de Margarida Ledo “Santa  Liberdade”. Todas as proxeccións terán lugar na praza Reveriano Soutullo ao carón de lenda.  

Documental
O Santa LIberdade achéganos a un feito histórico
Eva García Rei Normalización
A técnica de Normalización fálanos da película do martes Pinocho 3000
Curtametraxes
Proxectaranse o martes 30
Galatasaray-Depor
No programa hai oco tamén para a comedia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará